udc

Investigación.

Estudio da Alianza Terapéutica na Intervención con parellas e familias (véxase o sitio web softa-soatif)

O equipo de traballo da UIICF colabora neste proxecto co equipo da profesora M. Friedlander da State University of New York at Albany (Nova York, USA). O proxecto está orientado a desenvolver un modelo e uns procedementos de avaliación que permitan avaliar e mellorar a alianza terapéutica no contexto de intervencións de parella e familia.

Nunha primeira fase desenvolveuse e validouse o SOATIF-SOFTA (Sistema de Observación da Alianza Terapéutica en Intervención Familiar-System for Observing Family Therapy Alliances). O SOATIF-SOFTA é un instrumento observacional bilingüe (español e inglés) que permite analizar entrevistas terapéuticas con familias e valorar catro factores que compoñen un modelo concreto de Alianza Terapéutica: vínculo/nexo/relación/conexión das familias no proceso terapéutico, Conexión Emocional co terapeuta, Seguridade no Sistema Terapéutico e Nivel en que se comparte dentro da familia o propósito da terapia. Posteriormente desenvolveuse un cuestionario que permite medir a percepción subxectiva dos familiares participantes nas sesións de terapia de cada un dos 4 factores de alianza terapéutica do modelo SOATIF-SOFTA.

Actualmente, o equipo da UIICF traballa nun estudo que pretende determinar o tipo de asociación que existe entre a percepción subxectiva dos participantes nas terapias (tanto familiares como profesionais) e as pautas de interacción observadas durante as entrevistas conxuntas. Tamén se analiza a asociación que existe entre o nivel de alianza terapéutica e a melloría que se produce durante o tratamento e o resultado final deste.

Variables de proceso e resultado nos Grupos de Discusión Multifamiliar en Enfermidade Física Crónica

As hipóteses centrais do proxecto son dúas:

1A participación nos grupos multifamiliares incrementará o benestar xeral das familias e os pacientes e traducirase nun menor uso dos servizos sanitarios e de saúde mental por parte dos pacientes e as súas familias, respectivamente.

2A variable de proceso máis directa e significativamente vinculada co éxito das intervencións terá que ver coa comunicación con outras familias e o intercambio de experiencias nun contexto seguro.

Back to Top