Estudio da Alianza Terapéutica na Intervención con parellas e familias (véxase o sitio web softa-soatif)
O equipo de traballo da UIICF colabora neste proxecto co equipo da profesora M. Friedlander da State University of New York at Albany (Nova York, USA). O proxecto está orientado a desenvolver un modelo e uns procedementos de avaliación que permitan avaliar e mellorar a alianza terapéutica no contexto de intervencións de parella e familia.
Nunha primeira fase desenvolveuse e validouse o SOATIF-SOFTA (Sistema de Observación da Alianza Terapéutica en Intervención Familiar-System for Observing Family Therapy Alliances). O SOATIF-SOFTA é un instrumento observacional bilingüe (español e inglés) que permite analizar entrevistas terapéuticas con familias e valorar catro factores que compoñen un modelo concreto de Alianza Terapéutica: Enganche das familias no proceso terapéutico, Conexión Emocional co terapeuta, Seguridade no Sistema Terapéutico e Nivel en que se comparte dentro da familia o propósito da terapia. Posteriormente desenvolveuse un cuestionario que permite medir a percepción subxectiva dos familiares participantes nas sesións de terapia de cada un dos 4 factores de alianza terapéutica do modelo SOATIF-SOFTA.
Actualmente, o equipo da UIICF traballa nun estudo que pretende determinar o tipo de asociación que existe entre a percepción subxectiva dos participantes nas terapias (tanto familiares como profesionais) e as pautas de interacción observadas durante as entrevistas conxuntas. Tamén se analiza a asociación que existe entre o nivel de alianza terapéutica e a melloría que se produce durante o tratamento e o resultado final deste.
Variables de proceso e resultado nos Grupos de Discusión Multifamiliar en Enfermidade Física Crónica
As hipóteses centrais do proxecto son dúas: